2º ACCÉSIT II CONCURSO O OLLO DE VIDRO

Os Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao e a Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, coa colaboración da Asociación de Veciños do Calvario, Mercado do Calvario, Editorial Galaxia e da Deputación de Pontevedra, convocaron o II concurso “O ollo de vidro”, dentro do proxecto Recoméndocheunlibro, unha canle en Youtube que ten como obxectivo a promoción da lectura, así como a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.

2º Accésit

Con 67 “gústame”, o 2º Accésit é para Cartas de Inverno de Juan Castro (alumnas do IES Castelao) pola súa recomendación do libro Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz.

3º ACCÉSIT II CONCURSO O OLLO DE VIDRO

Os Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao e a Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, coa colaboración da Asociación de Veciños do Calvario, Mercado do Calvario, Editorial Galaxia e da Deputación de Pontevedra, convocaron o II concurso “O ollo de vidro”, dentro do proxecto Recoméndocheunlibro, unha canle en Youtube que ten como obxectivo a promoción da lectura, así como a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.

3º Accésit

3º Accésit é para CEIP Chans de Brembrive. O xurado do II Premio O Ollo de Vidro quixo premiar o traballo realizado polos alumnos do CEIP Chans Bembrive xa que presentaron varios traballos onde amosase a súa paixón polos libros e tamén o compromiso do profesorado.

Ditame do xurado do I CONCURSO O OLLO DE VIDRO

Os Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao e a Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, coa colaboración da Asociación de Veciños do Calvario e da Deputación de Pontevedra, convocaron o pasado mes de abril o concurso “O ollo de vidro”, dentro do proxecto Recoméndocheunlibro, unha canle en Youtube que ten como obxectivo a promoción da lectura, así como a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.

O xurado desta primeira edición estivo composto por Ana D. Moure González, coordinadora do EDLG da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, Agustín Nieto Pazó, coordinador do EDLG do IES Castelao e Noelia Candal Suárez, técnica da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Reunidos os seus membros, e revisadas as 8 propostas admitidas a concurso, ditaminouse o seguinte resultado:

Premio do xurado

Por unanimidade, outórgase este premio a Paula Durán Magalón (alumna do IES Castelao), pola súa recomendación do libro Hasta siempre mi amor, de Jojo Moyes. O xurado destacou a excelente argumentación da súa crítica – cunha coidada utilización da linguaxe – e a presentación dun booktrailer moi ben montado que resume a trama do libro e anima á súa lectura.

Ditame do público do I CONCURSO O OLLO DE VIDRO

Os Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao e a Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, coa colaboración da Asociación de Veciños do Calvario e da Deputación de Pontevedra, convocaron o pasado mes de abril o concurso “O ollo de vidro”, dentro do proxecto Recoméndocheunlibro, unha canle en Youtube que ten como obxectivo a promoción da lectura, así como a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.

Premio do público

Con 203 “gústame”, o Premio do público é para Uxía Couselo Rodríguez e María Prieto Iglesias (alumnas do IES Castelao) pola súa recomendación do libro Cartas de Inverno, de Agustín Fernández Paz.