Ditama do xurado do III Concurso o Ollo de vidro

Os Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao,a Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, a Biblioteca Municipal do Porriño, o IES Pino Manso, e o Festival de Cans coa colaboración da Asociación de Veciños do Calvario, Mercado do Calvario, Editorial Galaxia e da Deputación de Pontevedra, convocaron o III concurso “O ollo de vidro”, dentro do proxecto Recoméndocheunlibro, unha canle en Youtube que ten como obxectivo a promoción da lectura, así como a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.

Premio do xurado

Por unanimidade, outórgase este premio a O PRINCIPIÑO, de Laura Lorenzo, Ainoha Martínez, Monique Otero, Lourdes Manteiga y Carlos Lago (alumnado do IES Pino Manso).