Bases do concurso

Iniciativa coa que se premiarán os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes nese proxecto.

UN PROXECTO IMPULSADO POR: FESTIVAL DE CANS

1. Participantes
Poden participar neste concurso todos aqueles proxectos presentados na convocatoria de 2022 que cumpran os requisitos esixidos.

2. Modalidades
Haberá tres modalidades:

  • A. Premio do xurado.
    O xurado constituído a tal fin escollerá un vídeo, o que considere o mellor.
  • B. Premio do público.
    Resultará gañador o vídeo que obteña máis “gústame” dende o día da súa publicación ata o día e hora en que se pecha o prazo 8 de maio de 2022 ás 23:59h de Galicia.
  • C. Premio Festival de Cans.
    O xurado constituído a tal fin escollerá un vídeo, o que considere o mellor.

3. Datas*

  • O prazo de envío de orixinais ábrese na data en que se publique esta convocatoria.
  • O prazo de envío péchase o 23 de abril de 2022 ás 23:59h de Galicia.
  • O prazo de votación comeza na data en que se publique esta convocatoria.
  • O prazo de votación remata o 8 de maio de 2022 ás 23:59h de Galicia.
  • O ditame do concurso farase público o 18 de maio de 2022 no Festival de Cans.
*Estas datas poden sufrir modificacións ao criterio da organización do concurso

4. Premios

A data e o lugar de recollida dos premios serán anunciados nas páxinas web das entidades convocadoras.

  • A. Premio do xurado.
    Dotación económica de 400€, escultura conmemorativa, un lote de libros e placa Festival de Cans.
  • B. Premio do público.
    Dotación económica de 200€, un lote de libros e placa Festival de Cans.
  • C. Premio Festival de Cans.
    Dotación económica de 300€, dúas entradas para acceder ás curtametraxes a concurso do Festival de Cans, un lote de libros e placa Festival de Cans.

En caso de que os traballos premiados foran realizados por menores terán que recoller o premio a persoa que deu a autorización.

5. Resultado e ditame
O resultado do Premio do Público e mais os ditames do Premio do Xurado e o Premio Cans do concurso faranse públicos o día 18 de maio de 2022 no Festival de Cans e nas páxinas web de Recoméndoche un libro e das entidades convocantes. O ditame será inapelable.

6. Xurado
O xurado estará formado por persoas escollidas polas entidades colaboradoras e organizadoras (EOI, IES Castelao, Biblioteca Xosé Neira Vilas, Festival de Cans, IES Pino e Biblioteca Municipal do Porriño) e a súa composición farase pública xunto co ditame.

7. Imprevistos
A organización do concurso resérvase o dereito de modificar, ampliar, reducir, suspender ou cancelar o concurso sen previo aviso por calquera razón non imputable á organización, especialmente por causa de forza maior. A organización do concurso resérvase o dereito de anular e/ou cancelar a totalidade ou parte do concurso en caso de detectar fraude ou mal funcionamento das normas. Neste caso, resérvase o dereito a non dar un premio a calquera participante fraudulento. Unha acción fraudulenta descualifica inmediatamente á persoa que a cometeu.

A organización decidirá sobre os casos imprevistos que se poidan presentar e que non se recolleran nestas bases. Para maior información dirixirse a recomendocheunlibro@gmail.com

8. Aceptación das bases
Os participantes neste concurso deberán aceptar estas bases cumprimentando e asinando o “Documento de aceptación de bases”. CUBRIR ACEPTACIÓN DAS BASES.