VI CONCURSO O OLLO DE VIDRO:

Nova convocatoria

Ano 2022

Prazo de envío ata o 23 de abril


Os obxectivos que se perseguen con esta iniciativa son fomentar entre a cidadanía hábitos lectores, utilizando a lectura como fonte de información,

aprendizaxe e enriquecemento persoal, ao mesmo tempo que se promove o uso do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.


Bases do concurso

Iniciativa coa que se premiarán os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes nese proxecto.

UN PROXECTO IMPULSADO POR: FESTIVAL DE CANS

1. Participantes
Poden participar neste concurso todos aqueles proxectos presentados na convocatoria de 2022 que cumpran os requisitos esixidos.

2. Modalidades
Haberá tres modalidades:

  • A. Premio do xurado.
    O xurado constituído a tal fin escollerá un vídeo, o que considere o mellor.
  • B. Premio do público.
    Resultará gañador o vídeo que obteña máis “gústame” dende o día da súa publicación ata o día e hora en que se pecha o prazo 8 de maio de 2022 ás 23:59h de Galicia.
  • C. Premio Festival de Cans.
    O xurado constituído a tal fin escollerá un vídeo, o que considere o mellor.

3. Datas*

  • O prazo de envío de orixinais ábrese na data en que se publique esta convocatoria.
  • O prazo de envío péchase o 23 de abril de 2022 ás 23:59h de Galicia.
  • O prazo de votación comeza na data en que se publique esta convocatoria.
  • O prazo de votación remata o 8 de maio de 2022 ás 23:59h de Galicia.
  • O ditame do concurso farase público o 18 de maio de 2022 no Festival de Cans.
*Estas datas poden sufrir modificacións ao criterio da organización do concurso

4. Premios

A data e o lugar de recollida dos premios serán anunciados nas páxinas web das entidades convocadoras.

  • A. Premio do xurado.
    Dotación económica de 400€, escultura conmemorativa, un lote de libros e placa Festival de Cans.
  • B. Premio do público.
    Dotación económica de 200€, un lote de libros e placa Festival de Cans.
  • C. Premio Festival de Cans.
    Dotación económica de 300€, dúas entradas para acceder ás curtametraxes a concurso do Festival de Cans, un lote de libros e placa Festival de Cans.

En caso de que os traballos premiados foran realizados por menores terán que recoller o premio a persoa que deu a autorización.

5. Resultado e ditame
O resultado do Premio do Público e mais os ditames do Premio do Xurado e o Premio Cans do concurso faranse públicos o día 18 de maio de 2022 no Festival de Cans e nas páxinas web de Recoméndoche un libro e das entidades convocantes. O ditame será inapelable.

6. Xurado
O xurado estará formado por persoas escollidas polas entidades colaboradoras e organizadoras (EOI, IES Castelao, Biblioteca Xosé Neira Vilas, Festival de Cans, IES Pino e Biblioteca Municipal do Porriño) e a súa composición farase pública xunto co ditame.

7. Imprevistos
A organización do concurso resérvase o dereito de modificar, ampliar, reducir, suspender ou cancelar o concurso sen previo aviso por calquera razón non imputable á organización, especialmente por causa de forza maior. A organización do concurso resérvase o dereito de anular e/ou cancelar a totalidade ou parte do concurso en caso de detectar fraude ou mal funcionamento das normas. Neste caso, resérvase o dereito a non dar un premio a calquera participante fraudulento. Unha acción fraudulenta descualifica inmediatamente á persoa que a cometeu.

A organización decidirá sobre os casos imprevistos que se poidan presentar e que non se recolleran nestas bases. Para maior información dirixirse a recomendocheunlibro@gmail.com

8. Aceptación das bases
Os participantes neste concurso deberán aceptar estas bases cumprimentando e asinando o “Documento de aceptación de bases”. CUBRIR ACEPTACIÓN DAS BASES.

Aceptación das bases

Cedo os dereitos de imaxe e son do presente vídeo para a súa difusión no proxecto “Recoméndoche un libro”, a través da súa publicación na canle de Youtube, nas páxinas web e nas redes sociais das entidades colaboradoras do proxecto, así como por calquera outro medio dos que dispoñan, coa finalidade de difundir e promover as actividades de dinamización que organizan as ditas entidades. Estas entidades garanten que a dita gravación non se difundirá para outros fins ou noutras canles que os anteriormente citados e nunca de forma comercial.

Autorización (no caso de ser menor de idade)

Como nai/pai/titor da persoa solicitante, autorízoa a inscribirse e asumo calquera responsabilidade que poida contraer.

Solicito participar no concurso «O OLLO DE VIDRO» e acepto explicitamente na súa totalidade as bases establecidas polas entidades convocadoras.