NOTICIAS

VI PREMIO O OLLO DE VIDRO

A iniciativa Recoméndoche un Libro entrega un ano máis os premios de este concurso de animación á lectura. O acto de entrega realizouse dentro do programa do Festival de Cans o pasado mércores 18 no Baixo de Carlos.

Nunha xornada festiva chea de familias e amig@s dos finalistas recolleron os premios:

Asesino de Brujas de Lucía Besada


A. Premio do xurado

Cunha dotación económica de 400€, escultura conmemorativa, un lote de libros e placa Festival de Cans.

Por cumprir á perfección o obxectivo final de todo bo booktrailer, que non é outro que animar á lectura do libro en cuestión, e facelo ademáis cunha mistura de imaxes reais, animacións e debuxos propios que amosan unha calidade artística excepcional.


Boulevard: Kenia Porto, Sara Bugarín e Diana Vila


B. Premio do público

Cunha dotación económica de 200€, un lote de libros e placa Festival de Cans.

Con 1.875 votos


O caso dos amantes de Paris, de Miguel Alonso


C. Premio Festival de Cans

Cunha dotación económica de 300€, dúas entradas para acceder ás curtametraxes a concurso do Festival de Cans, un lote de libros e placa Festival de Cans.

Pola perfecta conxunción de imaxes, música, narración, textos e grafismo á hora de crear unha tensión dramática que nos fai querer saber máis, así como pola beleza poética dalgunha das súas imaxes.

V PREMIO O OLLO DE VIDRO

Xa temos os galardonados do V Premio O Ollo de Vidro

Neste ano 2021 participaron máis de 30 proxectos audiovisuais, con traballos de todo tipo, dende escolares a profesionais, e con distintos formatos: booktrailers, booktubers e recomendacións.

Entre todos eles e o xurado destacou 10 traballos como finalistas, que foron proxectados no Festival de Cans, coa presenza dos seus creadores, amigos e familia.

Tras o visionado dos traballos celebrouse a entrega de premios:

A metamorfose: Belén Ocampo Falconi

  • A. Premio do xurado.
    Dotación económica de 400€, escultura conmemorativa, un lote de libros e placa Festival de Cans.

La odisea de Ollie: Daniela Pérez López

  • B. Premio do público.
    Dotación económica de 200€, un lote de libros e placa Festival de Cans.

Premio do Público con 288 votos “gústame”, a 15 de agosto de 2021 ás 23:59h (hora local – Galicia)https://www.youtube.com/embed/mdK-PC570B4?feature=oembed

Árbores no deserto: Rosalía Fernández Rial

  • C. Premio Festival de Cans.
    Dotación económica de 300€, dúas entradas para acceder ás curtametraxes a concurso do Festival de Cans, un lote de libros e placa Festival de Cans.

O xurado destacou a calidade fílmica do booktrailer, así como a boa utilización dos recursos narrativos unindo dun xeito perfecto a tradición e a modernidade. Igualmente reseñable é a súa posta en valor do papel da muller e do seu traballo na sociedade, en contra do esquecemento da mesma e da labor tradicional.

3500 vidas para vivir: Mencía Jorge Cabaleiro

Mención Especial pola gran labor á hora de promover a lectura, especialmente de obras en galego, de xeito ameno e divertido.https://www.youtube.com/embed/UOyNXRUlHtA?feature=oembedShare this…

Ditama do xurado do IV Concurso o Ollo de vidro

Os Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao,a Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, a Biblioteca Municipal do Porriño, o IES Pino Manso, e o Festival de Cans coa colaboración da Asociación de Veciños do Calvario,  Editorial Galaxia e da Deputación de Pontevedra, convocaron o IV concurso “O ollo de vidro”, dentro do proxecto Recoméndocheunlibro, unha canle en Youtube que ten como obxectivo a promoción da lectura, así como a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.

Premio do xurado

O curado destacou a sua originalidade, a gran labor da realización das ilustracións que logran captar a atmósfera do libro e o espírito dos personaxes.

Por unanimidade, outórgase este premio a La profecía del cuervo, de Lía Lago Wilson (alumna do IES Pino Manso).

Título: La profecía del cuervo

Autor: Maggie Atiefvater

Editorial: S.M.

Comentario: Vídeo realizado por Lía Lago alumna do IES Pino Manso de O Porriño

Ditame do público do IV CONCURSO O OLLO DE VIDRO

Os Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao,a Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, a Biblioteca Municipal do Porriño, o IES Pino Manso, e o Festival de Cans coa colaboración da Asociación de Veciños do Calvario,Editorial Galaxia e da Deputación de Pontevedra, convocaron o IV concurso “O ollo de vidro”, dentro do proxecto Recoméndocheunlibro, unha canle en Youtube que ten como obxectivo a promoción da lectura, así como a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.

Premio do público

Con 779 “gústame” a 5 de maio de 2019 ás 23:59 h. de Galicia, o Premio do público é para MADE IN GALIZA, Ana Fernández Bargiela.

Título: Made in Galiza
Autor: Séchu Sende
Editorial: Galaxia

Comentario:

Vídeo realizado por Ana Fernández alumna do IES Pino Manso de O Porriño

Premio Festival de Cans do IV CONCURSO O OLLO DE VIDRO

Os Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao,a Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, a Biblioteca Municipal do Porriño, o IES Pino Manso, e o Festival de Cans coa colaboración da Asociación de Veciños do Calvario,Editorial Galaxia e da Deputación de Pontevedra, convocaron o IV concurso “O ollo de vidro”, dentro do proxecto Recoméndocheunlibro, unha canle en Youtube que ten como obxectivo a promoción da lectura, así como a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.

Premio Festival de Cans

O curado destacou a súa qualidade fílmica do booktrailes, o bo jeito da utilización dos recursos narrativos propios do cine.

Por unanimidade, outórgase este premio a XARDINEIRO DOS INGLESES, de Aaron Vilariño e Artur Vázquez.