A iniciativa Recoméndoche un Libro entrega un ano máis os premios de este concurso de animación á lectura. O acto de entrega realizouse dentro do programa do Festival de Cans o pasado mércores 18 no Baixo de Carlos.
Nunha xornada festiva chea de familias e amig@s dos finalistas recolleron os premios:
Asesino de Brujas de Lucía Besada

A. Premio do xurado
Cunha dotación económica de 400€, escultura conmemorativa, un lote de libros e placa Festival de Cans.
Por cumprir á perfección o obxectivo final de todo bo booktrailer, que non é outro que animar á lectura do libro en cuestión, e facelo ademáis cunha mistura de imaxes reais, animacións e debuxos propios que amosan unha calidade artística excepcional.
Boulevard: Kenia Porto, Sara Bugarín e Diana Vila

B. Premio do público
Cunha dotación económica de 200€, un lote de libros e placa Festival de Cans.
Con 1.875 votos
O caso dos amantes de Paris, de Miguel Alonso

C. Premio Festival de Cans
Cunha dotación económica de 300€, dúas entradas para acceder ás curtametraxes a concurso do Festival de Cans, un lote de libros e placa Festival de Cans.
Pola perfecta conxunción de imaxes, música, narración, textos e grafismo á hora de crear unha tensión dramática que nos fai querer saber máis, así como pola beleza poética dalgunha das súas imaxes.