Xa temos os galardonados do V Premio O Ollo de Vidro

Neste ano 2021 participaron máis de 30 proxectos audiovisuais, con traballos de todo tipo, dende escolares a profesionais, e con distintos formatos: booktrailers, booktubers e recomendacións.

Entre todos eles e o xurado destacou 10 traballos como finalistas, que foron proxectados no Festival de Cans, coa presenza dos seus creadores, amigos e familia.

Tras o visionado dos traballos celebrouse a entrega de premios:

A metamorfose: Belén Ocampo Falconi

  • A. Premio do xurado.
    Dotación económica de 400€, escultura conmemorativa, un lote de libros e placa Festival de Cans.

La odisea de Ollie: Daniela Pérez López

  • B. Premio do público.
    Dotación económica de 200€, un lote de libros e placa Festival de Cans.

Premio do Público con 288 votos “gústame”, a 15 de agosto de 2021 ás 23:59h (hora local – Galicia)https://www.youtube.com/embed/mdK-PC570B4?feature=oembed

Árbores no deserto: Rosalía Fernández Rial

  • C. Premio Festival de Cans.
    Dotación económica de 300€, dúas entradas para acceder ás curtametraxes a concurso do Festival de Cans, un lote de libros e placa Festival de Cans.

O xurado destacou a calidade fílmica do booktrailer, así como a boa utilización dos recursos narrativos unindo dun xeito perfecto a tradición e a modernidade. Igualmente reseñable é a súa posta en valor do papel da muller e do seu traballo na sociedade, en contra do esquecemento da mesma e da labor tradicional.

3500 vidas para vivir: Mencía Jorge Cabaleiro

Mención Especial pola gran labor á hora de promover a lectura, especialmente de obras en galego, de xeito ameno e divertido.https://www.youtube.com/embed/UOyNXRUlHtA?feature=oembedShare this…

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s