Os Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao,a Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, a Biblioteca Municipal do Porriño, o IES Pino Manso, e o Festival de Cans coa colaboración da Asociación de Veciños do Calvario, Editorial Galaxia e da Deputación de Pontevedra, convocaron o IV concurso “O ollo de vidro”, dentro do proxecto Recoméndocheunlibro, unha canle en Youtube que ten como obxectivo a promoción da lectura, así como a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.
Premio do xurado
O curado destacou a sua originalidade, a gran labor da realización das ilustracións que logran captar a atmósfera do libro e o espírito dos personaxes.
Por unanimidade, outórgase este premio a La profecía del cuervo, de Lía Lago Wilson (alumna do IES Pino Manso).
Título: La profecía del cuervo
Autor: Maggie Atiefvater
Editorial: S.M.
Comentario: Vídeo realizado por Lía Lago alumna do IES Pino Manso de O Porriño