Os Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao, xunto coa Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas poñen en marcha unha nova iniciativa conxunta de promoción da lectura que busca, ademais, a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación.
I Mención de honra do IV Concurso o Ollo de vidro
Os Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao,a Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, a Biblioteca Municipal do Porriño, o IES Pino Manso, e o Festival de Cans coa colaboración da Asociación de Veciños do Calvario, Editorial Galaxia e da Deputación de Pontevedra, convocaron o IV concurso “O ollo de vidro”, dentro do proxecto Recoméndocheunlibro, unha canle en Youtube que ten como obxectivo a promoción da lectura, así como a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.
I Mención de honra
Por unanimidade, outórgase este premio a ESPERTANDO SOÑOS – CEIP Belesar de Baiona e María Paz Rodríguez, mestra e coordinadora do ENLG.
Os equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao, xunto coa Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas continuan con esta iniciativa conxunta de promoción da lectura que busca, ademais, a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación
Ver todas las entradas de Recoméndoche un libro