Os Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao, xunto coa Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas poñen en marcha unha nova iniciativa conxunta de promoción da lectura que busca, ademais, a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación.
Ditame do xurado do II CONCURSO O OLLO DE VIDRO
Os Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao e a Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, coa colaboración da Asociación de Veciños do Calvario, Mercado do Calvario, Editorial Galaxia e da Deputación de Pontevedra, convocaron o II concurso “O ollo de vidro”, dentro do proxecto Recoméndocheunlibro, unha canle en Youtube que ten como obxectivo a promoción da lectura, así como a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.
Premio do xurado
Por unanimidade, outórgase este premio a LER É SEXY de Sergio Otero (alumno da Escola Oficial de Idiomas), Un divertido vídeo onde Sergio mostranos os segredos máis sensuais da lectura.
Os equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao, xunto coa Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas continuan con esta iniciativa conxunta de promoción da lectura que busca, ademais, a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación
Ver todas las entradas de Recoméndoche un libro