Os Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao, xunto coa Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas poñen en marcha unha nova iniciativa conxunta de promoción da lectura que busca, ademais, a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación.
Ditame do público do II CONCURSO O OLLO DE VIDRO
Os Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao e a Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, coa colaboración da Asociación de Veciños do Calvario, Mercado do Calvario, Editorial Galaxia e da Deputación de Pontevedra, convocaron o II concurso “O ollo de vidro”, dentro do proxecto Recoméndocheunlibro, unha canle en Youtube que ten como obxectivo a promoción da lectura, así como a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.
Premio do público
Con 512 “gústame”, o Premio do público é para DEATH NOTE de Iago Moreiras (alumno do IES Castelao) pola súa recomendación do libro Death Note, de Tsugumi Ōba.
Os equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao, xunto coa Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas continuan con esta iniciativa conxunta de promoción da lectura que busca, ademais, a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación
Ver todas las entradas de Recoméndoche un libro