Os Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao, xunto coa Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas poñen en marcha unha nova iniciativa conxunta de promoción da lectura que busca, ademais, a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación.
Ditame do xurado do I CONCURSO O OLLO DE VIDRO
Os Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao e a Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, coa colaboración da Asociación de Veciños do Calvario e da Deputación de Pontevedra, convocaron o pasado mes de abril o concurso “O ollo de vidro”, dentro do proxecto Recoméndocheunlibro, unha canle en Youtube que ten como obxectivo a promoción da lectura, así como a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.
O xurado desta primeira edición estivo composto por Ana D. Moure González, coordinadora do EDLG da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, Agustín Nieto Pazó, coordinador do EDLG do IES Castelao e Noelia Candal Suárez, técnica da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Reunidos os seus membros, e revisadas as 8 propostas admitidas a concurso, ditaminouse o seguinte resultado:
Premio do xurado
Por unanimidade, outórgase este premio a Paula Durán Magalón (alumna do IES Castelao), pola súa recomendación do libro Hasta siempre mi amor, de Jojo Moyes. O xurado destacou a excelente argumentación da súa crítica – cunha coidada utilización da linguaxe – e a presentación dun booktrailer moi ben montado que resume a trama do libro e anima á súa lectura.
Me gusta esto:
Me gustaCargando...
Relacionado
Publicado por Recoméndoche un libro
Os equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao, xunto coa Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas continuan con esta iniciativa conxunta de promoción da lectura que busca, ademais, a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación
Ver todas las entradas de Recoméndoche un libro