RECOMÉNDOCHE UN LIBRO

Na canle de Youtube Recomendocheunlibro, o alumnado e as persoas usuarias dos distintos centros organizadores, colectivos, así como o público en xeral, poden divulgar vídeos recomendando lecturas ou outros traballos audiovisuais ao redor da animación á lectura (booktrailer, booktube ou calquera tipo de proxecto audiovisual)

Requisitos previos

Neste concurso poderán participar todas aquelas persoas e colectivos que o desexen enviando un vídeo ao correo electrónico recomendocheunlibro@gmail.com e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Cumprimentar o «Documento de aceptación das bases».
  • Entregar o “Documento de aceptación das bases” completo e asinado cunha copia do DNI no correo electrónico recomendocheunlibro@gmail.com ou de forma presencial ou correo postal na Biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo.
  • Os proxectos poden tratar sobre calquera libro, tema, idioma e/ou soporte sempre que sexa unha copia legal.
  • Poden realizarse críticas literarias, booktrailers, booktube ou calquera tipo de proxecto audiovisual dirixido á animación lectora.
  • Ten que estar feito en galego. Valorarase positivamente o feito de que aparezan obras en galego nos proxectos.
  • O tratamento da crítica ten que ser sempre en positivo.
  • Dado o caso, o vídeo ten que protexer a trama do libro, non pode desvelar nada relevante da historia.
  • O tratamento e a linguaxe debe ser respectuoso, non debe ser groseiro e debe ser adecuado a todos os públicos.
  • A gravación non pode durar máis de 3 minutos.
  • Tanto a imaxe como o son deben ter os niveis adecuados para poderen ser reproducidos.
  • Valorarase positivamente a calidade técnica e artística así como a creatividade dos proxectos, o risco narrativo e a intención de facer achegas ao audiovisual.
  • O formato debe ser adecuado para poder transmitirse por esta canle.
  • Os participantes garanten coa aceptación das bases que posúen os dereitos de autor do proxecto audiovisual, incluídos os de imaxe e son.
  • Todos os vídeos aparecerán etiquetados cos seguintes datos: Nome do autor/es Título do libro – Autor do libro – Edición.